Este blog foi creado polo grupo da biblioteca do CEIP Isaac Peral (Ferrol).

VIDEOCONTOS EN GALEGO

 Premendo nas imaxes accédese aos videocontos.

CONTOS DO APALPADOR"

 Premendo nas imaxes accédese a dous contos do "APALPADOR", 

figura mítica do Nadal galego.




VIDEOCONTOS "O APALPADOR"

A mítica figura do Apalpador estivo a piques de perderse e desde fai uns anos, desde diversos colectivos e persoas están a facerse esforzos por recuperala. Unha mostra é a elaboración deste video do Apalpador.



A historia do Apalpador contada por un neno de 5º do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos

"ERNESTO BO DÍA"

Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó —ao mal tempo boa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza.

Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado...

"CHOCOLATA"

Conto no que a protagonista principal é unha hipopotama.

Chocolata é unha hipopótama que vive na selva e goza moito dos seus baños en compañía dos seus amigos, pero o día en que descobre que hai un baño na cidade, nin baixa nin preguiceira, parte á procura de novas emocións.

"O XASTRIÑO VALENTE"

 Conto popular.

"PULGA E XIGANTE"

Ademais do divertimento, esta obra favorece que nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.

Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes.

"CHIBOS, CHIBÓNS"

Conto popular. 

Isto é o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro.

"A CASA DA MOSCA CHOSCA"

Conto popular ruso. 

Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta.

"A PRINCESA DO CAUREL"

Conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, agua....

E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da princesa do Caurel....
E isto que é? ...

"A CEBRA CAMILA"

"La cebra Camila" ofrece unha particular visión do paso da infancia a unha certa conciencia do tempo, ao descubrimento do mundo e dos problemas que iso conleva. 

Un día, ao saír da casa, o vento bandoleiro quitoulle sete raias do vestido. Unha araña, unha serpe, un arco da vella e unha cigarra, entre outros animais do bosque, axudarán a Camila a esquecer a súa pena.

"MARILUZ AVESTRUZ"

Conto e canción en galego.

Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non aplastala durme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire libre. Unha mañá, ao despertar, estira o pescozo e sinte que a sua cabeza non se move. Mariluz patexa, dobra os nocellos, menea a cola e tira, tira, e tira pero a sua cabeza está atrapada e de ahí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.

"PACO PAPÁN"

Versión libre a partir do conto tradicional "O noivo parvo", popularizado polo escritor xudeu Isaac Bashevis Singer nos Contos da aldea de Chelm.

Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado ...

"O GALO QUIRICO"

Conto popular. 

O galo Quirico que ía á voda do tío Perico atopouse no camiño cunha bosta e no seu interior, un saboroso bocado.

"O GRÚFALO"

Julia Donaldson é unha das autoras infantís máis populares de Gran Bretaña. A súa colaboración co ilustrador Axel Scheffler foi recoñecida con importantes premios e fixo de "O GRÚFALO" un clásico.

O grúfalo ten colmillos terribles, garras afiadas e fortes e unha verruga velenosa na punta do nariz, polo que todos os animais do bosque foxen cando o ven!
Un rato intelixente dá un paseo polo bosque e descobre o que pasa cando se atopa cara a cara cunha curuxa, unha serpe e un grúfalo famélico.

"EL EXPRESO POLAR"

Este videoconto "EL EXPRESO POLAR" está baseado no libro infantil do mesmo título, ilustrado e escrito por Chris Van Allsburg en 1985.

"EL EXPRESO POLAR" relata as peripecias dun neno de oito anos na noite do 24 de decembro, no día de Noiteboa, xusto cando comeza a perder a esperanza de seguir crendo na existencia de Papá Noel e no espírito que leva a celebración do Nadal.

"PESADILLA ANTES DE NAVIDAD"

Adaptación da famosa película de Tim Burton.

A cidade de Halloween centra todos os seus esforzos na noite do 31 de outubro, día de defuntos, na que saen á rúa monstros, pantasmas, meigas e todo tipo de seres terroríficos. Desde o alcalde ata o vampiro máis humilde, esfórzanse por crear o mellor Halloween posible... pero Jack Skellington está un pouco abatido. O rei de Halloween, despois de séculos facendo o mesmo ano tras ano, está aburrido, buscando algo novo, algo... diferente. E atópao na cidade do Nadal; agora Jack ten un novo obxectivo, algo que o anima a poñerse a traballar: este ano, o Nadal está organizado por Halloween!

"OS PETOS DE LORETO"

Un relato rimado, rebordante de colorido, sobre un divertido personaxe, LORETO.

Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados... todo o que a imaxinación suxira está no seu abrigo....

"CARABUÑAS"

Conto dunha amizade entre un bruxo e a súa vítima.

Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete!

Non son Caramuxo. Son Carabuñas,o que nunca corta as uñas!-contestou o bruxo, rabioso. Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo! Dígoche que non. Son Carabuñas!

Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser asúa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 360 graos.

"ELMER"

 "ELMER" O elefante de colores

Elmer non é como os outros elefantes do seu rabaño. Aínda que pareza difícil de crer, é un elefante de mil cores: verde, azul, branco, rosa, amarelo... Impresionante, non? Pero a Elmer non lle fai gracia ser así, máis ben está canso de ser diferente, así que un día decide fuxir do rabaño e buscar un remedio para poder ter a mesma cor de pel que os demais...

"NICOMEDES, O PELADO"

 A divertida historia de NICOMEDES O PELADO

O seu espléndido cabelo converteuse nunha calva. Pero Nicomedes, que non é un parvo para nada, comeza a considerar alternativas enxeñosas á súa calvicie prematura. A grandes males, grandes remedios.

"PERDIDO?"

Versión de Taxi Roberto Burela contada na voz de Antía.

Un conto moi tenro que trata os valores da amizade e sobre todo a atención cara aos sentimentos e ás necesidades dos outros, a superación, a valentía e a colaboración.

"ORELLAS DE BOLBORETA"

Videoconto relatado por dúas nenas de Primaria

Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.

"A BRUXA REGAÑADENTES"

 Conto relatado por nenos e nenas de primaria.

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos.

"A QUE SABE A LÚA?"

Un libro tan redondo e saboroso como a lúa chea. 
Os animais da selva mostrarannos que as cousas compartidas sempre saben moito mellor.

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto...

"A ESCALEIRA"

 Videoconto narrado por unha nena de Primaria.

O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta: Din-don! Din-don! 
Non había ninguén. Deixou a carta no chan… … e baixou, baixou, baixou pola escaleira...

"FREDERICK"

Vídeo do conto co mesmo nome.

Todos os ratiños apañaban froitos e comida para o duro inverno, menos Frederick, que recollía cores e raios de sol...

"COCORICO"

 Conto e canción de "COCORICO" en galego.

Mamá Galiña vai facer un biscoito, pero hai que ir por leña e Cocorico ofrécese. Mentres a recolle, coñece a Gato Pelado, que lle propón un trato: salvar a vida a cambio do biscoito. Conseguirán facelo a tempo?

"O POLO PEPE"

Vídeo co conto e canción de "O POLO PEPE"
Que comeu o polo Pepe para crecer tanto? Mira e descúbreo!

"MAGO ROSA"

Finalmente, os seus esforzos foron recompensados: O mago Rosa conseguira facelo unha bolsa de coiro que tragaba todo. Bastaba con dicir: OLETEMOC! (unha palabra que, se se di ao revés, deixa de ser máxico).

"OS BOLECHAS CORTAN O PELO"

Video narrado adaptación do conto do mesmo título de Pepe Carreiro.

"A CASTAÑEIRA"

 
Versión do conto "A Castañeira" en galego e en castelán. 

Con actividades interactivas.

Genially: "O MAGOSTO"

 TRADICIÓN, CONTOS, XOGOS E  CANCIÓNS sobre o Magosto.

Contos: "A castaña que estoupou de risa" e "A castañeira"

Realizado polo Colexio plurilingüe Compañía de María (Santiago)

CONTOS DE MARIANO "O MAGOSTO"

 Conto de "Galicia encantada" que pertence á serie "Contos de Mariano",  personaxe fanfarrón, botado para adiante, narrador ficticio destes relatos sacados da tradición oral das terras interiores das bisbarras de Melide e de Arzúa.

Premer na imaxe para ler o conto.

"UXÍA, A CASTAÑA FACHENDOSA"

 
Conto realizado polo alumnado de 2º A do CEIP Isaac Peral

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

 Un conto para o Magosto

Un día ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña. Chegaron a un río e non sabían como cruzalo....

Ver máis premendo na imaxe

"EL GRÚFALO"

Julia Donaldson es una de las autoras de literatura infantil más populares de Gran Bretaña. Su colaboración con el ilustrador Axel Scheffler ha sido reconocida con importantes premios y ha convertido a El Grúfalo en un clásico.

El grúfalo tiene unos colmillos terribles, unas garras afiladas y fuertes y una verruga venenosa en la punta de la nariz, por eso ¡todos los animales del bosque huyen cuando lo ven!

Premer na imaxe para ler o conto


"INDO PARA O SAMAÍN"


Adaptación do conto original de Carlos e Sabela Labraña. 

Tres rapaces andan á busca de cabazas coas que facer caveiras para a noite de Samaín...

Premer na imaxe para acceder. 

"SAMAÍN"

 
Conto publicado pola editorial Kalandraka - Radio Galega. 

Premer na imaxe para acceder.

"CORRE CORRE, CABACIÑA"

"Corre corre, cabaciña" é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño.

Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Premer na imaxe para acceder ao conto.

MARCELINA E A NOITE DO SAMAÍN

 

Preme na imaxe para acceder ao conto.

CONTOS PARA LER OU DESCARGAR

  

CUENTOS INFANTILES "A DORMIR"


Contos infantís cheos de historias: Contos populares, clásicos, ilustrados, videocontos..., descargas en pdf.

GALICIA ENCANTADA

 

Lecturas en galego de todos os xéneros en verso e en prosa: lendas, contos, romances, refráns, adiviñas, ditos, oracións e demais tipos e subtipos da literatura de tradición oral galega.

SERIE COCORICO

Serie de videocontos coproducida por OQO editora e a Televisión de Galicia (TVG) baseada no álbum ilustrado "COCORICO" escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.
"COCORICO" é un pitiño curioso, rebuldeiro, inocente e bo; algo testán e con ganas de aprender e probalo todo. Na compaña da súa panda: o porco Comechón, a ovella Vellocina, o rato Mus, o pato Cuá... vai vivir numerosas aventuras...

SERIE CARACOIS


A serie "CARACOIS" son videocontos dirixidos a un público entre 2 e 4 anos de idade. Os capítulos, de seis minutos de duración, están baseados nas historias dos álbums de Armando Quintero e André Letria. Trátase de cinco libros de OQO editora destinados aos prelectores.